Saturday 18 de May de 2024

Adxudicación provisional da pavimentación e renovación de pluviais en dous vías do polígono industrial de Xarás


O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter provisional dunha pavimentación e renovación de pluviais de dous viais no polígono industrial de Xarás.

A empresa que obtivo unha mellor clasificación foi Canarga, SL. O importe da actuación ascende a un total de 54.699.01 euros, IVE incluído.

As vías obxecto da actuación están na actualidade bastante deterioradas, rexistrando importantes baches e zonas disgregadas. Para mellorar o seu estado proxectase a pavimentación das vías en cuestión (unha delas é a que vai en dirección a San Alberte e a outra está nas inmediacións da nova planta de gas licuado que se está a construír) cunha capa de aglomerado asfáltico en quente tipo de D-12 de 8 centímetros de espesor. A superficie afectada é de 6.270 metros cadrados (3.170 e 3.100 metros cadrados, respectivamente).

Prevese ademais a renovación de dous tubaxes de pluviais que cruzan a calzada, ademais de poñer a cota as tapas de pozos e arquetas existentes.

O prazo de execución da obra é dun mes e medio.